O stand institucional de Galicia, instalado pola Xunta na Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR, recibíu a visita de 70.000 persoas entre profesionais do sector turístico nacional e internacional e público xeral ao longo dos días 19, 20, 21, 22 e 23 de xaneiro. O recinto institucional galego acolleu 18 presentacións de destinos e produtos turísticos galegos, ás que asisitiron máis de 1.000 persoas relacionadas coa comercialización turística. A maioría destas presentacións estiveron presididas polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo.
Turgalicia puxo en marcha un concurso o venres 21 a través da rede social Facebook, polo que, ata este luns, todos aqueles que suban unha fotografía turística, a modo de segredo persoal sobre Galicia que se quere compartir, poderán recibir un dos cinco programas Vive Galicia, ás imaxes segredas máis votadas. Ata o domingo xa tiñan participado máis de 1.200 persoas nesta promoción turística en redes sociais.