Galicia rexistrou preto de 3,8 millóns de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros da comunidade, cifra que supón un incremento do 11,7% en relación ao ano 2009, segundo a Enquisa de Ocupación Hoteleira do Instituto Nacional de Estadística (INE). Esta cifra contrasta coa situación estatal, onde a suba se situou tan só nun 6,1%. Supérase tamén o volume global de 2004 nun 3,3%, acadando en 2010 o nivel de demanda turística hoteleira máis elevado da historia.
Esta situación reflíctese tamén nas pernoitas, que acadaron no último Ano Santo un 10,1% máis respecto a 2009, mentres que a nivel nacional se situaron nun 5,9%.
Asemade, os prezos hoteleiros en Galicia subiron no pasado ano 2010 un 1,7% de media, circunstancia que contrasta unha vez máis co observado no conxunto do Estado, onde a media os prezos caeron un 1,9%.