A Asociación Hostelería Compostela apoia “pública” e “decididamente” o proxecto da Cidade da Cultura e ofrece a súa colaboración para o desenvolvemento e deseño dos seus contidos, algo que consideran unha “obriga ética”. Así o fixeron constar os seus responsables nunha rolda de prensa na que indicaron que a Cidade da Cultura “está chamada a ser un referente da Galicia do século XXI” e “un elemento clave para o futuro do turismo cultural”.
Os hostaleiros piden que non se mire atrás polos posibles erros que se puideron ter cometido e sinalan que a Cidade da Cultura será “un espazo de encontro e internacionalización” que “temos que encher de contido”.