A Concellería de Turismo de Vigo, área que depende da Tenecia de alcaldía, que dirixe o nacionalista Santiago Domíguez, fixo unha grande aterizaxe en Fitur para presentar o destino e tamén para presentar en “pemier” internacional o documental Novo Vigo Vello, un traballo dirixido por Eduardo Rollán, que combina realidade e ficción, no que se constatan, en tres fases, o esplendor que tivo este barrio (a orixen de Vigo), o posterior deterioro e a súa recuperación para convertilo na xoia da coroa do turismo urbano da cidade.
Este documental, dunha hora de duración, conta coa participación estelar dos actores Luis Tosar (embaixador do Casco Vello), Antela Cid e Fran Peleteiro, e do que tamen son protagonistas veciños e veciñas do barrio.
Fruto do traballo desenvolvido polo equipo que lidera Santiago Domínguez, sempre en colaboración co sector turístico e hostaleiro, Vigo rexistrou o pasado ano, nos meses de xullo e agosto, 110.000 visitantes; e incrementou ao longo do ano un 8% o número de pernoctacións.
Neste repunte turístico, que posiciona a Vigo como o gran referente do turismo urbano galego, foi descisivo o Plan de Competitividade Turística; unha ferramenta que pode convertir á cidade olívica no primeiro destino náutico da España Verde e no quinto máis importante do Estado.
Outras das ferramentas clave na desestacionalización está a ser o Vigo Convention Bureau, organismo decisivo no segmento de turismo de negocios. Para 2011 xa están pechados 9 grandes congresos que terán un retorno económico cifrado en 7,5 millóns de euros e que achegarán a Vigo máis de 8.000 persoas.