Baiona celebrará por todo o alto a Festa da Arribada de 2011, unha edición especial por ser a primeira na que os festexos locen o distintivo de Festa de Interese Turístico Nacional. Precisamente, o secretario xeral de Turismo, Joan Mesquida, acudirá á vila pontevedresa para facer entrega ao Concello deste distintivo. Será o vindeiro 2 de marzo no Salón de Plenos.
Os festexos propiamente ditos comezarán dous días despois, o venres 4, coa recepción de autoridades e inauguración de diferentes exposicións relacionadas coa temática. Pero os actos centrais chegarán na fin de semana. O sábado e o domingo sucederanse as actividades lúdicas, como batallas, desfiles, competicións, representacións teatrais, etc. e Baiona converterase nunha vila medieval que recibe a nova do Descubrimento. Agárdase a participación de milleiros de persoas.