Para ir enchendo o bandullo mentres non chegan as celebracións máis típicas do Entroido, a provincia de Pontevedra propón dúas citas para esta fin de semana. Por un lado, a multitudinaria Feira do Cocido de Lalín e, por outro, a máis recollida Festa do Petote de Cotobade.
En Lalín agárdase a participación dunha 60.000 persoas que acudirán á capital do Deza a degustar o cocido, un dos pratos máis tradicionais da gastronomía galega. Este ano estréase o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional. Será pregoada pola xornalista Mariló Montero.
Aqueles que queiran fuxir das aglomeracións teñen outra opción para gozar da gastronomía máis típica da temporada: a Festa do Petote de Cotobade. Celebrarase o domingo e poderase degustar un cocido xunto con cacheira, embutidos e petote, ademais das sobremesas típicas do Entroido, como filloas ou bincha. O prezo é de 15 euros.