Dende Lugo ao Vaticano

Un dos últimos actos de Paco Vázquez como embaixador de España no Vaticano vai ter como protagonista á cociña galega. Dende Lugo, Jorge García e Alberto García (Mesón Alberto e Jorge I) chegan á Santa Sede para preparar un xantar moi especial, no que os convidados degustarán un menú enteiramente galego.

Os grandes protagonismos serán para o capón de Vilalba, que os cociñeiros lucenses prepararán, por un lado, do xeito máis tradicional e, polo outro, recheo e desosado.