A Deputación de Pontevedra e as cooperativas vitivinícolas arousanas queren reducir o uso de fitosanitarios

A Deputación de Pontevedra e as tres cooperativas vitivinícolas da comarca de Arousa, é dicir, Martín Códax, Condes de Albarei e Vitivinícola Arousana, asinaron un convenio que permitirá a creación dunha rede meteorolóxica, co obxectivo de reducir ata nun 15% o emprego de fitosanitarios. Para logralo, instalaranse seis estacións por adega, cun total de 24 sensores, que ofrecerán datos actualizados e concretos sobre as condicións meteorolóxicas de cada zona e momento.

O proxecto, denominado Viñas Atlánticas, está dotado con preto dun millón de euros e podería incluír a creación dunha páxina web para centralizar toda a información.