O municipio pontevedrés de A Estrada tamén quere aproveitar a súa vinculación con Castelao como reclamo turístico. Nese senso, a localidade vén de editar unha guía que inclúe unha ruta turística que leva por título “Castelao na Estrada” e na que se combinan reproducións de obras gráficas do ilustre autor rianxeiro, fotos e textos relacionados co municipio.
O Pazo de Oca, a torre de Guimarei, a ponte de Liñares ou o templo de Ouzande son algúns dos enclaves recollidos nesta ruta.
Por outra banda, o Concello de Arzúa vén de crear un portal web, ademais de sumarse ás principais redes sociais, co fin de promocionarse como un lugar onde vivir, investir e pasar o tempo de lecer. O portal pensaenarzua.org divídese en tres grandes espazos: empresa, vida e ocio. Este último recolle a oferta de aloxamento e de espazos naturais cos que conta o municipio.