No pasado ano 2010, Galicia rexistrou un total de 4.579 actas de constancia fronte ás 321 actas adxectivadas como de infracción. Os datos despréndense do informe “Balance da actividade inspectora 2010 en materia de turismo”, presentado ao Consello da Xunta pola Consellería de Cultura e Turismo. O documento contén o resultado das actuacións derivadas da acción inspectora, estritamente considerada, así como dos expedientes sancionadores.
No tocante aos informes, en 2010 rexistráronse en Galicia un total de 2.747 informes fronte aos 2.676 rexistrados o pasado 2009. No tocante ás actas de constancia, en 2009 levantáronse en toda Galicia un total de 4.579 actas de constancia fronte ás 4.473 que se levantaron en 2010. Pola contra, no pasado exercicio levantáronse na Comunidade un total de 321 actas de infracción fronte ás 370 de 2009, co que se rebaixou a actividade sancionadora.
O maior volume de actividade rexistrouse nas provincias da Coruña e Pontevedra. No tocante ás denuncias recibidas, isto é, actividades de reclamación dos usuarios turísticos, garda unha proporcionalidade bastante axustada ao volume de negocio das provincias. Na Coruña rexistráronse 501 denuncias, en Lugo 133 denuncias, en Ourense 178 denuncias e en Pontevedra 484 denuncias. Obsérvase, en calquera caso, unha tendencia á diminución das denuncias recibidas, matiza a Xunta.