A Coruña conta cunha Guía Turística Interactiva, unha web deseñada especificamante para dispositivos móbiles de última xeración, tanto teléfonos como tablets. A guía foi realizada por unha UTE de tres empresas (Sixtemas, Galinus e Imaxin) e contou cunha aportación económica do Ministerio de Cultura. O orzamento ronda os 90.000 euros.
Tal e como explicou o tenente de alcalde responsable da área de Turismo, Henrique Tello, dende o Concello apostouse por crear unha web e non unha aplicación porque deste xeito pode ser usada por un maior número de plataformas e dispositivos, posibiltando o acceso dun maior número de usuarios. A web desenvolveuse integramente con software libre, nunha aposta clara por que os recursos públicos sexan investidos en tecnoloxías abertas e non privativas, fuxindo dos monopolios do software. Nela recompílanse máis de 800 recursos turísticos da cidade, incluíndo edificios, monumentos, museos, hoteis ou restaurantes.