O director do aeroporto de Porto (Portugal), Fernando Vieira, concedeu unha entrevista a Carlos Punzón, de La Voz de Galicia, na que está convencido de que a terminal lusa ten marxe de crecemento na nosa Comunidade. “O mercado dirá, pero estou convencido de que continuará medrando o número de pasaxeiros, pois aínda hai marxe”, sinala.
Vieira recoñece que o Sá Carneiro debe seguir competindo cos aeroportos galegos para reforzar a súa posición. “Todos temos que competir entre nós, o que é bo para a Eurorrexión, como o é ter varios aeroportos. Oporto presta un servizo a Galicia e quere seguir facéndoo”, apunta.
Por outra banda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, viaxa a Londres para manter contactos con algunhas das aeroliñas que poden operar con Lavacolla, sobre todo Easyjet, que a partir do 15 de maio iniciará unha conexión a Xenebra.