Cada vez queda menos para o Entroido e os concellos ultiman os preparativos de cara a esas animadas celebracións. En Vigo, o concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, vén de anunciar que a programación festiva amplíase e que o desfile de comparsas recupera o percorrido polo centro urbán. Os actos comezarán o día 4 na praza da Constitución coa lectura do pregón a cargo do actor Avelino González e o concurso de coplas.
Pola súa banda, o Concello de Oroso celebrará, entre outras actividades, un concurso de receitas de Entroido e un obradoiro de elaboración de complementos. Mentres, Santa Comba exaltará a filloa, un dos postres máis típicos destas datas. Así, instalarase unha filloeira eléctrica no recinto feiral o domingo de Entroido que elaborará máis de mil unidades á hora, para que veciños e visitantes gocen desta tradicional sobremesa.
Pola súa banda, o concello pontevedrés de Cuntis quenta motores cara as datas fortes do Entroido, e a Festa do Lacón con Grelos, cunha ruta de tapas que se desenvolverá esta fin de semana. Participan sete establecementos da localidade que ofrecerán pinchos gratuitos con propostas relacionadas coa gastronomía típica destas datas.