O presidente da editorial Hércules Ediciones, Francisco Rodríguez Iglesias, será o pregoeiro da vindeira edición da Feira do Viño de Chantada, que se celebrará os días 12 e 13 de marzo. A lectura do pregón, segundo informa El Progreso, será o día 13 ás 13.00 horas, no recinto feiral.
Entre as novidades desta edición destaca a recuperación da cata de viños e das casetas tradicionais. Os postos volverán ter forma de barrica, como tiñan nas primeiras edicións. A organización espera que participen na feira unha ducia de adegas.