O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, protagonizou boa parte do debate no 2º Encontro de Cidades pola mobilidade, que se celebra en Córdoba. A idea de que os peóns deben ser os auténticos "donos" das cidades contrapúxoa Lores a outras visións que tenden a culpabilizar ao tráfico peonil da inseguridade viaria.
A directora do Observatorio Nacional de Seguridade Viaria, dependente da DGT, na súa conferencia puxo a Pontevedra como exemplo de boas prácticas nesta materia, tal e como se recolle nun catálogo recentemente editado por este organismo do Estado.
As cidades deben ser deseñadas para protexer ao peón e non para deixalo indefenso ante o abrumador poderío do tráfico a motor, que é o que concita as máximas facilidades cando se deseña unha rúa. A experiencia de Pontevedra á hora de revertir o actual esquema de mobilidade, potenciando outro alternativo dominado polos desprazamentos a pé, púxose como exemplo entre numerosos participantes chegados a Córdoba de numerosas cidades de España.