Este domingo realizarase a primeira das visitas gastronómicas incluídas no programa “Coñecendo o país”, recentemente presentado pola Concellería de Participación Cidadá de Santiago. Será á Feira do Cocido de Lalín. O calendario de viaxes xa se abriu no capítulo do sendeirismo o pasado sábado, cunha ruta pola ribeira do río Ulla.
Os interesados en participar na ruta gastronómica para degustar o cocido deben inscribirse na Casa das Asociacións ou enviar unha solicitude a participacioncidada@santiagodecompostela.org xunto co xustificante de pago (7 euros).