A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, disertou na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago sobre as ferramentas fundamentais para potenciar a competitividade de Galicia como destino turístico, entre as que destacou unha política de desenvolvemento do sector que aposte pola competitividade en formación, no asociacionismo, na accesibilidade e na calidade, así como no uso das novas tecnoloxías.
A secretaria xeral afirmou que “o fomento da competitividade turística é un elemento clave para o sector xa que se traduce nun maior número de visitantes, nun incremento dos ingresos por turismo e nunha suba do crecemento do PIB”.
Nesta liña, analizou o papel transversal da xestión pública que se está realizando dende as diferentes áreas para o impulso da competitividade turística.