Este venres, 25 de febreiro, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebrará a Cata de Cualificación da Colleita 2010. Será a partir das 12:00 horas na Casa Consistorial de Trives. Esta cita ten carácter itinerante e pretende servir para dar a coñecer o territorio e os lugares de interese de Ribeira Sacra, ademais do viño.
O pasado ano a cita foi na Peroxa e a colleita 2009 obtiña a cualificación de Moi Boa. Agora a quenda, a nivel de escenario, é para a subzona de Quiroga-Bibei e as expectativas son moi boas. O panel de cata valorará 10 mostras, 2 por subzona, de modo que en cada subzona unha mostra ha de representar a unha adega de moita produción e a outra a unha adega de pouca produción.