A Concellería de Turismo de Vilagarcía de Arousa, en colaboración coa asociación de hostaleiros (Ahituvi) e de comerciantes (Zona Aberta), convocan a terceira edición do concurso de disfraces “Sábado Inglés”, co que animar a noite do Sábado de Piñata. A suma dos premios en metálico elévase este ano e segue a contarse co premio estrela dunha fin de semana en Londres para dúas persoas.
A boa acollida que tivo a iniciativa os dous anos anteriores é a razón pola que o Concello e os colectivos de hostaleiros e comerciantes seguen apostando por esta cita que, ademais de aportar orixinalidade ao programa do Entroido vilagarcián sacándolle proveito ao alcume de "ingleses" que teñen os vilagarciáns pola antiga relación da cidade coa Royal Navy, tense demostrado como un excelente xeito de incentivar a actividade comercial e hostaleira durante estas datas.
O requisito principal para participar no concurso é que os disfraces garden relación con calquera temática de orixe británica.