Segue avanzando o Entroido na provincia de Ourense. Nesta ocasión, a cita é esta fin de semana en Xinzo de Limia, localidade que celebra o segundo dos seus domingos festeiros: o Oleiro. O sábado quentan motores cun obradoiro de maquillaxe infantil pero os actos centrais chegarán o domingo, a partir das 11.00 horas. Será entón cando un desfile de charangas percorrerá a vila levando o espírito do Entroido por todos os recunchos.
Ás 16.30 horas celebrarase o desfile dos carros coas olas, mentres que o tradicional xogo, que consiste en pasarse olas uns a outros o máis alto posible sen que caian e rachen, comezará ás 17.00 horas. Durante a tarde continuará a festa coa actuación de diferentes charangas.
O Entroido tamén enche de contido a fin de semana en Pontevedra. Así, este domingo comezarán os desfiles, polas rúas da cidade, de diferentes entroidos de Galicia. Nesta ocasión achegaranse ata a capital das Rías Baixas das Mázcaras de Manzaneda. Os Volanteiros de Chantada farán o propio o 26 de febreiro e as Madamas e Galáns de Cobres (Vilaboa), o 27.
E para os que dispoñan de algo máis de tempo, a vila soriana de Abéjar convídanos a participar na IX Feira da Trufa Negra, tamén esta fin de semana.
O encontro reunirá a trufeiros, transformadores, recolectores, hostaleiros e cociñeiros de toda España. Haberá premio para a trufa de maior tamaño que se presente no salón, e o público terá oportunidade de degustar este prezado fungo.