Os produtos galegos do mar e do agro están representados dun xeito destacado no Fòrum Gastronòmic, que se celebra en Girona ata o mércores. Así, a Consellería do Mar organizou un taller que, da man dos cociñeiros Taky Rodríguez Ponte e Héctor López, amosará en directo as virtudes da pesca artesanal que conta co selo de garantía PescadeRías.
Pola súa parte, Medio Rural promociona os produtos de calidade do agro galego. As cinco denominacións de orixe vinícolas –Rías Baixas, Valdeorras, Monterrei, Ribeira Sacra e Ribeiro- están presentes con diferentes catas e talleres que se realizarán ao longo destes días. Os produtos do sector cárnico -Ternera e Lacón gallegos-, que contan cun peso destacado neste sector a nivel nacional, deleitarán aos visitantes co tan coñecido Pan de Cea. Pero tampouco pode faltar a representación dos produtos máis enxebres da horta galega, que gañan presenza nos menús particulares e profesionais e que tampouco faltan a esta cita imprescindible no mundo da gastronomía. Así, a Faba de Lourenzá, a Pataca e Grelos de Galicia tamén terán un espazo no stand da Xunta. As catro denominacións de orixe protexida do sector lácteo -Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, Cebreiro e San Simón- xunto coa Tarta de Santiago e Mel de Galicia contarán tamén coa súa representación.