Ampliar a cuota na pesqueríado lirio e fundamental para os arrastreiros galegos

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo unha xuntanza cos representantes das principais asociacións do sector do arrastre galego para analizar os dous informes que se están a elaborar por petición conxunta do sector e da goberno de Galicia. O primeiro céntrase no estado da pesquería do lirio no Cantábrico Noroeste e o segundo trata sobre o impacto socieconómico na frota galega da redución, nun 93%, da cota asignada para esta especie pola UE neste ano.

O primeiro estudo foi elaborado por técnicos da Xunta mentres que o segundo foi encargado polo departamento que dirixe Rosa Quintana á Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela.

A conselleira do Mar, en declaracións aos medios antes da xuntanza, explicou tamén que o encontro é fundamental para preparar a reunión que manterá coa presidenta da comisión de pesca do Parlamento Europeo, Carmen Fraga, e coa directora xeral da DG Mare, Lowri Evans, en Bruxelas nas vindeiras semanas e na que lle exporá as consecuencias sobre o recorte da cota do lirio para o sector galego.

Ao respecto, a titular de Mar, salientou a importancia de que “Administración e o sector vaian xuntos a Europa para acreditar que hai recurso suficiente para que o sector poida seguir traballando”. “Non entendemos como de un día para outro a UE pode establecer un recorte do 93% e paralizar a toda á frota” dixo.