O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan para o ano 2011 as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia. Estas axudas teñen por finalidade incentivar os plans de reestruturación e reconversión da viña, no marco do obxectivo xeral de aumentar a competitividade dos viticultores, por medio da reconversión varietal, a reimplantación de viñas ou as melloras das técnicas de xestión da viña.
A dotación orzamentaria para esta convocatoria será de 1.200.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes é de un mes contado a partir de mañá xoves 17 de marzo, día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.