A revista Hostalería Galega&Turismo realiza este martes 15 en Ferrol, no marco de Fevino, unha das súas habituais "catas transfronteirizas". Nesta ocasión, a comparativa céntrase en viños tintos de denominacións de orixe situadas no cuadrante noroeste ibérico, isto é, as galegas (dende as lugourensáns a Rias Baixas), comunidades limítrofes (Ribera de Duero, Bierzo, Toro, etc) e lusas ao norte da rexión do Douro.
Para esta proba comparativa, na que ademáis de FIMO colaboran a Asociación de Hostelría de Ferrol, HG&T fixo unha selección previa de adegas e etiquetas de gama media-alta, acreditadas ou con posibilidades de mercado, posto que se trata de orientar aos lectores -e a hostalería constitúe o sector de maior peso entre os 12.000 suscriptores da publicación- criterio en base ao que foi cursada a invitación a unha vintena de adegas, en todo o cuadrante ibérico.
A Asociación Galega de Sumilleres -Agasu oficia habitualmente como comité asesor de cata da revista- aporta o maior peso específico ao painel de cata con Pedro Villamarín, Sagrario Abril, Manuel Areal, Eva Bouzo e Carlos Portela. De Lisboa e Porto desplázanse os xornalistas e comunicadores especializados José Augusto Moreira, Emilia Monteiro, Marc Barros e André de Quiroga. Completa o painel, que estará presidido polo tamén director de HG&t e da proba, Guillermo Campos, dous profesionais do servizo hostaleiro en Ferrol, Sonia González (Casa Pendás) e Pablo Bouza (Bacoriño), ademáis de negociant minhoto Joâo Gutèrres.
Trátase dunha "cata cega", en orden aleatorio decidido e mantido en segredo pola organización. Na avaliación, desestímanse as puntuacións máis alta e máis baixa emitida por cada un, "unha fórmula garantista de igualdade de oportunidades dado o alto coñecemento dos catadores e a eventualidade deunha potencial identificación de determinados viños".