A Deputación Provincial de Pontevedra aprobou hoxe o proxecto da Pousada de Meaño que será construída nunha parcela de 15.000 metros cadrados situada no lugar de Covas, na parroquia de Outeiro. O edificio terá unha superficie construída de 2.146 metros cadrados, cumprirá os parámetros necesarios para un establecemento hoteleiro formado por 24 estanzas (21 habitacións dobres e 3 suites todas adaptadas). O investimento necesario para acometer esta actuación ascenderá a 2.750.000 euros e o prazo de execución, unha vez adxudicadas as obras será de 12 meses.
O proxecto foi deseñado, tras gañar un concurso de ideas, polo arquitecto Mario Crecente da empresa Crecente Asociados. Este proxectista participou nos procesos de rehabilitación turística do complexo de Mondariz, do mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil e tamén ocupou o cargo de subdirector xeral de turismo da Xunta de Galicia.
As catro Pousadas do Salnés que promove a Deputación de Pontevedra suporán un investimento de 10 millóns de euros, con axudas Feder, para construir 4 establecementos con máis de 100 habitacións dobles, totalmente accesibles, en Meis, na Armenteira, na Lanzada e Meaño, e para construir 50 kilómetros de rutas de sendeirismo e lecer accesibles.