A Unión Europea aprobou 35 proxectos na área de cooperación Galicia-Norte de Portugal cun investimento de 30,8 millóns de euros. Das 35 iniciativas aprobadas, 24 foron presentadas con participación da Xunta de Galicia, por un importe de 9,6 millóns de euros.
Entre os que proxectos que recibiron o visto bo para a área Galicia-Norte de Portugal, destacan o ‘Observatorio Mariño da Marxe Ibérica e do Litoral’; ‘Novas prácticas institucionais, de base transfronteiriza, sobre o avellentamento activo’; “Aplicación das TIC á posta en valor do patrimonio cultural e histórico’; o ‘Centro de formación Turístico termal e de investigación da auga’ ou o ‘Impulso á rede intercomunitaria de Excelencia Ambiental mediante a rehabilitación de ecosistemas fluviais naturais con fins turísticos’.
O Comité de xestión Territorial do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP) reuniuse o pasado 2 de marzo en Badajoz (Extremadura) para resolver a Segunda convocatoria de Proxectos do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal. A delegación galega estivo encabezada polo director xeral de Planificación e Fondos da Consellería de Facenda, Javier Rodríguez Seijo.