O Consello da Xunta vén de declarar Ben de Interese Cultural os catros de Saceda, en Cualedro (Ourense) e de Borneiro, en Cabana de Bergantiños (A Coruña). Trátase de xacementos que contan con importantes restos, e ben conservados.
Nunha parecida situación atópase o Castro de Baroña que, sen embargo, segue á espera desta declaración. A este respecto, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou que o expediente de declaración deste complexo como BIC será incoado neste primeiro cuadrimestre de 2011. O conselleiro indicou, ademais, que ao longo deste ano vanse realizar traballos de mantemento e conservación naquelas zonas do xacemento que así o precisen.