O Casco Vello de Vigo contará cun servizo de bicicletas eléctricas

Un servizo de bicicletas eléctricas contribuirá no prazo dun mes e medio á mellorar a mobilidade do Casco Vello de Vigo, como un paso máis na aposta pola recuperación do barrio. Nunha primeira fase o servizo operará con 8 bicicletas, cunha autonomía de 60 kilómetros, e que se poderán utilizar durante dúas horas por só un euro. Este servizo completarase co bus eléctrico, cuxa infraestrutura estase acabando de instalar nestas semanas. Coa iniciativa das bicicletas e o bus eléctricos o obxectivo é facer accesible o barrio en calquera das súas zonas sen necesitar o coche particular.