O Pazo de Meirás abrirá finalmente ao público

A Xunta e a familia Franco chegaron a un acordo, finalmente, para abrir ao público uns días concretos o Pazo de Meirás. De feito, está previsto que xa se poida visitar este mesmo mes de marzo. En virtude do acordo, a propiedade deberá garantir a apertura do inmoble, como mínimo, catro días ao mes. Realizaranse visitas guiadas que contarán cun control de seguridade que correrá a cargo da Administración.

O itinerario terá unha duración aproximada dunha hora e media.