O tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, inaugurou hoxe a rúa Real, unha das 38 rúas e prazas que ao longo deste mandato se renovaron no Casco Vello, no que cualificou como “a maior actuación de mellora do entramado viario do barrio na súa historia”.
Aínda que a transformación que se deu nestes anos é “un feito”, dixo que hai que seguir traballando para completar un proceso polo que garantiu que os nacionalistas van seguir apostando. O nacionalista quixo agradecer especialmente a “paciencia” e “colaboración” veciñal para poder desenvolver as obras nesta rúa e no resto do barrio.
Santi Domínguez definiu a rúa Real “como a rúa maior do Casco Vello”, pero explicou que a pesar de ser unha vía principal, “o seu estado de deterioro era igual de grave que a da maioría das rúas nas que actuamos nestes anos”. Debido ao mal estado que presentaban os servizos públicos, a actuación principal das obras que se desenvolveron foi a renovación e dotación total dos servizos. “Os veciños e veciñas necesitaban ter servizos que no século XXI era impensable que non tiveran”, precisou.