O sistema tarifario zonal do novo plan de transporte metropolitano de Santiago, con importantes descontos por viaxes, entrará en vigor o vindeiro luns. A Xunta de Galicia planificou, tanto no plan metropolitano de Santiago, como nos de Coruña e Ferrol, como primeiro paso o reparto e cambio de tarxetas, para que no momento en que entren en vigor as tarifas os usuarios dispoñan dos dispositivos que lle garantan un aforro.
O novo sistema tarifario do plan de Transporte Metropolitano de Santiago consta de 6 zonas tarifarias nas que se enmarcan os 11 concellos integrados no PTM: Santiago de Compostela, Ames, Boqueixón, Brión, Oroso, O Pino, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra. Desta forma, máis de 178.000 galegos se beneficiarán do noso sistema de transporte.