Terras de Pontevedra presentou a súa oferta turística en Madrid

A Mancomunidade de Turismo Terras de Pontevedra presentou o seu destino turístico na Casa de Galicia en Madrid, nun acto ao que estiveron convidados medios e profesionais do sector turístico na capital do Estado. Proxectouse un audiovisual do destino e interviron, entre outros, o xefe territorial de Cultura e Turismo da Xunta en Pontevedra, José María Picallo, o alcalde capitalino, Miguel Fernández Lores, e o campión do mundo de triatlón, Javier Gómez Noya.

Entre outros atractivos, Terras de Pontevedra fixo fincapé na súa oferta patrimonial (arte rupestre, ruta dos arrieiros, etc.), de turismo de natureza e deportivo ou gastronómico.