XV CAMPIONATO GALEGO DE SUMILLERES [2011]
Campionato de Galicia de Sumilleres [2009]
O XIV Campionato de Galicia de Sumilleres celebrado en Pontevedra no marco do primeiro salón de enoturismo amosou o alto nivel de profesionalidade que acadou Galicia no servizo do viño nos últimos anos.
Na final, con probas con un alto grao de dificultade no que os concursantes tiveron, por exemplo, que identificar en copa cega unha xinebra, un ron "añejo" e un tostado do Ribeiro, ou descorchar para decantar e servir un viño no que o corcho tronzaba por non estar en bo grao de conservación o que complicou un pouco o desenvolvemento das probas aos aspirantes ao podio galego.

Tres pontevedreses coparon o podio, sendo o primeiro posto para Óscar Cidanes do Restaurante Esteban de Mos. A segunda praza ocupouna a única dona nesta final, Marina Cruces, da Vinoteca de García de Tui. O bronce, foi para o vixente campión de Galicia de xefes de sala maîtres, Nacho Costoya.