Aberto o prazo de inscrición no foro Ultreia

O Mosteiro de Samos acollerá a xornada sobre o proxecto europeo Ultreia que se celebrará o vindeiro 4 de maio, organizada pola Secretaría Xeral para o Turismo. A xornada servirá para presentar as Axendas 21 turísticas do Camiño de Santiago en Galicia.

No encontro tamén será presentado o produto turístico ‘Ultreia Arco Atlántico’ así como a ponencia ‘Turismo sustentable no Camiño de Santiago’ a cargo de Valerià Paül Carril, investigadora postdoutoral contratada da Universidade de Santiago de Compostela. A xornada concluirá con visitas guiadas ao propio Mosteiro de Samos e ao albergue de Lusío.

A inscrición ao foro é gratuíta e limitada a un número máximo de 120 persoas. Os interesados en asistir poden dirixir as súas solicitudes ao enderezo electrónico paz.astray.delafuente@xunta.es