
Dende a súa primeira edición no ano 2001, ata a novena celebrada neste 2010, o Arde Lucus foise consolidando como unha destacada festa de temática histórica. 460.000 persoas nunha fin de semana, unha ocupación hoteleira próxima ao 100%, uns beneficios económicos estimados de 10 millóns de euros e unha repercusión mediática que fixo eco do nome da nosa cidade a nivel nacional, son as cifras do Arde Lucus 2010.