
O Maio é unha figura de forma cónica feita con fiuncho e pampulla, que se adorna con ovos e frores ao arredor da cal grupos de nenos e nenas cantan coplas a miudo satíricas acompasadas ao son dos palitroques.
Son varias as localidades gallegas nas que se celebra esta especie de rito pagán de culto a natureza e a abundancia, que boa falla fai nestes tempos de crise orixinada polos ricos e que sofren os máis desfavorecidos, froito do marasmo dunha clase política que non está nin se lle espera.