O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acaba de asinar co Ministro de Fomento, José Blanco, e o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, o convenio para a rehabilitación do Casco histórico da cidade.
Na fase 12 deste convenio está prevista a rehabilitación de 82 vivendas cun presuposto total de 2.397.680 euros. O investimento correrá por conta do Concello, o Ministerio, a Consellería e os propietarios das vivendas.
O Ministerio de Fomento achegará 811.800 euros, que supoñen o 33,86% do orzamento; o Instituto Galevo da Vivenda e Solo achegará 533.000 euros, o 22,23%; o Concello, 364.080 euros, é dicir o 15,18%, e os 688.800 euros restantes correrán por conta dos propietarios. A duración do convenio é de 2011 a 2014.