Feira de produtos tradicionais en Vigo

Vigo acolle este domingo unha nova edición do mercado de produtos tradicionais galegos que se celebrará no Paseo de Alfonso de Vigo. Unha das novidades nesta edición é o inicio da promoción e venta de aceite de oliva galego, neste caso da marca Aceiroga, elaborado en Quiroga (Lugo), terra na que se ten documentado a produción de aceite dende o século XV.


Ademais, os produtos ecolóxicos de horta chegarán de Ponteareas e o Grove da man das firmas Condado Bio e Finca Con da Santa, respectivamente. Os queixos serán estrelas da feira coa presencia de tres produtores: a tetilla con D.O. Arzúa-Ulloa de Queserías Daniel Torres, os queixos con leite de cabra da Cooperativa "Como Cabras" de Castro Caldelas coa súa marca Touza Vella; e os de Cabras do Xures, que elabora queixos artesanais biolóxicos con leite de cabra alpina, sal e sen ningún aditivo.

Completarán o espazo o pan ecolóxico de Panadería Divina, traído todos os meses dende Santiago expresamente para a feira; os ovos e pitos Soutodeherville, produtores da galiña de Mos; a cor das plantas e flores do centenario viveiro vigués J. Flores, así como Diego o pulpeiro, o viño ecolóxico de Valdeorras e D.O. Ribeira Sacra, servido en cuncas tradicionais de Bonxe e Gundivós.