O programa Km0 da Deputación de Lugo bate esta semana récord de participantes ao ter demandado rutas pola provincia medio milleiro de persoas. O número de viaxeiros aumenta con respecto a outras semanas debido á participación na iniciativa dos cen asistentes ao Congreso Europeo de Mercados de Gando que se celebrará en Castro Ribeiras de Lea e que reúne persoas chegadas dunha ducia de países da UE. De feito, o congreso arrancará o xoves cunha ruta de Km0 por viñedos e adegas da Ribeira Sacra.
As primeiras saídas desta última semana de abril tiveron lugar este martes pola zona sur da provincia e pola comarca da Montaña. Para o mércores está prevista unha saída a Ribadeo, demandada pola Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde e que consistirá nunha visita á olería de Bonxe, unha comida no restaurante ribadense “Marinero” e unha travesía en lancha pola ría.