O Concello de Ares está de noraboa pois a Comisión de Valoración de Festas de Galicia, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, vén de declarar o Corpus da localidade como festa de interese turístico de Galicia. O alcalde, Julio Iglesias, amosouse satisfeito coa resolución, que espera revirta nunha meirande chegada de visitantes á localidade.