O buque Independence of the Seas, da compañía Royal Caribbean International, realizou hoxe a súa primeira parada no peirao do porto de Ferrol, onde tamén atracou o Discovery. O Independence of the Seas ten capacidade para uns 4.500 pasaxeiros e ao redor de 1.800 tripulantes. No pasado ano 2010 houbo tres cruceiros que fixeron escala na cidade de Ferrol, e para este ano agárdase que se amplíe a cifra a outros dous máis.
Ademais, no día de hoxe, atracaron en Galicia outros barcos de forma simultánea. Ao Porto da Coruña chegaron un total de tres barcos: Boudicca, Ventura e Balmoral, mentras que no Porto de Vigo, o máis grande de Galicia, atracarán mañá os cruceiros Ryndam, Boudicca, MSC Orchestra e Celebrity Eclipse.