O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, participou nunha reunión do comité de xestión do proxecto Viñas Atlánticas no que se espuxo a solución técnica adoptada para poñer en marcha este plan de xestión medioambiental dos viñedos. Na xuntanza participaron, ademais, os presidentes e xerentes das adegas Martín Códax, Condes de Albarei e Rosalía de Castro.
O obxectivo principal do proxecto Viñas Atlánticas é a limitación do uso de produtos fitosanitarios nas vides, para o que dispón dun sistema de control medioambiental baseado nunha rede sensorial que emite información en tempo real do estado das cepas.
O proxecto permite a obtención de información en tempo real do estado dos patóxenos que afectan ós viñedos. Estes datos empregaranse para a toma de decisións por parte dos viticultores en canto á aplicación de tratamentos químicos, o que suporá unha importante redución de perdas e unha mellora na sostibilidade ambiental. En canto ó ámbito de actuación do plan, inicialmente disporase en 18 áreas da subzona do Salnés, onde se concentra a maior parte da produción vitivinícola da D.O. Rías Baixas.