A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural vén de rematar as obras de restauración do cruceiro e a cabeceira da igrexa de San Vicente do Pino en Monforte de Lemos (Lugo). A Xunta de Galicia destinou unha achega de 329.000 euros para as obras rehabilitación da igrexa lucense.
A igrexa do mosteiro construíuse entre os anos 1539 e 1600, traballaron na obra os mestres Gregorio Faton e Pedro de Morlones. A planta é de cruz latina e dividida en tres treitos cubertos con bóveda de tracería e nervada, a cabeceira ten tres ábsidas e a sancristía está pegado a un deles.
En canto ao exterior, atópase pavimentado na súa integridade e os muros son de cantería. A fachada principal é de estilo renacentista composta por dous corpos, o inferior con portada abucinada con tres arquivoltas e o superior está coroado por un frontón recto cun óculo. Ten outras dúas portadas laterais nos brazos do cruceiro.