O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, expuxo as conclusións do Estudo sobre o Impacto das peaxes nas antigas SCUT’s portuguesas nas relacións comerciais Galicia-Portugal e os datos non son nada alentadores. Segundo o informe, as exportacións galegas totais caerán entre un 5 e un 10% como consecuencia da imposición das peaxes, e o seu impacto notarase especialmente en determinados sectores como o téxtil, o da alimentación (sobre todo pesca e acuicultura) e o da metalurxia.
Paralelamente, o estudo salienta a necesidade dunha implicación activa das institucións na Eurorrexión, mellorando os sistemas de información e impulsando aínda máis a implementación de prácticas de cooperación eurorrexional.