O Camiño Portugués acolle o desenvolvemento dun concurso de patrullas organizado pola Brilat, no que 102 soldados de 17 patrullas diferentes tratan de completar o treito entre Tui e Santiago en menos de 48 horas. Unha das probas máis espectaculares deste reto foi o paso do río Ulla a nado co equipo completo. Asistiu ao acto a directora-xerente do Xacobeo, Camino Triguero.
Este xoves terá lugar o acto de clausura da marcha de endurecemento Tui-Santiago e todos os soldados asistirán á Misa do Peregrino na Catedral compostelá.