O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; Inma López Silva, gañadora do Premio Internacional de Relato Pousadas de Compostela e José Manuel Otero, propietario de Pousadas de Compostela, presentan este mércores o libro “Relatos para noites de Hotel”, así como o programa cultural “Noites de Jazz Concerto e Menú”, que se vai desenvolver todos os venres do mes de xuño no Restaurante Porta Faxeira, na rúa do Franco de Santiago, vencellando música e gastronomia.
“Relatos para noites de hotel” recolle, en galego, castelán e inglés, os dous textos premiados no Certame Internacional de Relatos de Pousadas de Compostela, obras de Inma López Silva e Mari Carmen Simón. Desta publicación, que contou co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fíxose unha tirada inicial de 10.000 exemplares, cos que Pousadas de Compostela agasalla aos seus clientes.
Pola súa banda, o Ciclo de Noites de Jazz vaise desenvolver todos os venres do mes de xuño no restaurante Porta Faxeira de Santiago, onde os asistentes poderán gozar, por só 30 euros, dun menú degustación deseñado para a ocasión e dun concerto de jazz ao remate de cada cea, con pezas interpretadas por artistas galegos de jazz en formación de trío.