Tras recibir as denuncias por parte do CRDO Rías Baixas, Medio Rural tivo que tramitar 62 expedientes a outros tantos viticultores polo excedente da campaña de 2009. Deles, 58 están recibindo as notificacións de infracción estes días, quedando eximidos 4 tras ser aceptadas as súas alegacións. Coa aplicación do criterio de proporcionalidade respecto á infracción cometida, un terzo das sancións quedou fixado por baixo dos cen euros e a media das multas impostas sitúase en torno aos douscentos euros. A sanción económica máis alta foi de 1.099 euros e a mínima quedou en 52 euros.
De acordo coa Lei 24/2003, da viña e do viño, tales prácticas están tipificadas como infraccións graves, ao ter incumprido o regulamento da devandita D.O. acadando rendementos superiores aos límites establecidos para dita campaña. A multa nestes casos, consonte a dita lei, está comprendida entre os 2.001 e os 30.000 euros.
Sen embargo, e para graduar a sanción á infracción cometida, e sobre todo á contía do beneficio obtido, a propia Lei faculta á Consellería, no seu artigo 44.2, a minorar de xeito motivado a multa imposta, especialmente cando non existan circunstancias agravantes, senón máis ben atenuantes (ao non haber reincidencia) e tendo en conta o volume de produción. Ademais, neste caso apréciase polo instrutor do expediente que a sanción proposta resulta excesivamente onerosa para o sector implicado.