Un dos portais turísticos decanos da internet en España, Finisterrae.com, presenta unha nova edición. E farao cargado de novidades como versión para móbiles, axudas de xeoreferencia para chegar ás localidades, etc... A nova ferramenta será presentada oficialmente na feira B.web, que se celebrará os días 2 e 3 de xuño no recinto de Expocoruña.
Segundo explican os seus responsables, o novo Finisterrae, ao igual que os anteriores, sae coa intención de ser “unha referencia turística e empresarial da Costa da Morte e non un diario de novas da zona”.