Acordo entre A Asociación de Restaurantes Gallegos Lareira e o Consello Regulador da D.O. Monterrei

A Asociación de Restaurantes Gallegos Lareira, entidade que agrupa a restaurantes de larga traxectoria e compromiso culinario co país -ubicados tanto en Galicia como noutras provincias españolas, especialmente Madrid e Barcelona- alcanzou un acordo co Consello Regulador da D.O. Monterrei para celebrar un encontro dirixido fundamentamete a profundizar no coñecemento e potencialidade deste viños entre os nosos asociados, e a facilitar canles de comercialización para as adegas amparadas polo citado Consello Regulador.

Este encontro desenrolouse os días 20 e 21 de xuño, no comarca de Monterrei tendo como fitos principais visitas as adegas, catas dirixidas, degustacións e contactos profesionais entre os empresarios asociados e os produtores dos viños de Monterrei.
O encontro comezou coa recepción dos asociados polo presidente do C.R. da D.O. Monterrei, que os acompañou e introduciu en todas as adegas. A primeira foi Terras do Gargalo, na que contaron coa inestimable compañía de Roberto Verino, que foi un auténtico anfitrión, explicando as características tanto da bodega como dos viños: 'Terra do Gargalo Godello', 'Terra do Gargalo Blanco' (Godello, Treixadura, Dona Blanca), Terras Rubias (Godello e Treixadura) e e os tintos 'Terra do Gargalo Tinto' (Tempranillo, Mencía, Bastardo)  'Terra do Gargalo Carballo' e Terras Rubias (Mencía) ao grupo Lareira.
Despois dunha visita polos exteriores do castelo de Monterrei, un dos mellor conservados de Galicia nunha localización inmellorable no alto do val de Monterrei.  Podemos dicir que non só é un castelo senón que forma unha pequena cidade amurallada xa que consta de 3 murallas. Esta fortaleza álzase na confluencia de camiños entre Sanabria e Ourense, preto do río Támega, na zona máis elevada dun fermoso val, dende onde domina o territorio circundante, cunhas vistas que fixeron as delicias dos restauradores.
A maña seguinte visitáronse Terras do Cigarrón,  adega que nace como consecuencia do recoñecemento do legado vitícola por parte de dúas decenas de viticultores socios fundadores da Adega Terras do Cigarrón, SCG que no ano 2002 constitúese a cooperativa e pouco máis de dous anos despois se inauguran as instalacións da adega. Ademáis dos viños propios, un blanco (60% Godello, 40% Treixadura) e un tinto (60% Mencía, 40% Tempranillo/Arauxa) producen para firmas como Martín Códax (Mara Martín Godello).
A seguinte parada foi en Crego e Monaguillo, una visita entrañable da man do ‘Monaguillo’, que ademáis dos excelentes viños, ‘Crego e Monaguillo’, blanco de godello e treixadura, ‘Marova’, blanco de treixadura en barrica, ‘Mandamientos’ monovarietal de Godello, e os tintos ‘Crego e Monaguillo’ con Mencía, Father 1945, Mencía envellecido en barrica, e ‘Mandamientos’ tamén monovarietal de Mencía, agasallou o grupo Lareira cuns pinchos na estupenda terraza da adega, incluíndo chourizos da súa nai, dentro da súa filosofía, que surxe seguindo a tradición propia desta casa de elaborar e consumir cos seus amigos, un viño fruto das mellores uvas de Monterrei.
A visita as adegas do CR da DO MOnterrei rematou coa visita a adega ubicada no punto máis alto, a Quinta do Buble. Innovadora abriu as súas portas para que Lareira ademais de coñecer as súas instalacións e viños, cunha minuciosa selección da uva Godello, a cal somete a unha fermentación sobre lías a temperatura controlada coñeza e comparta a súa paixón polo mundo do viño.
O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe de Monterrei, Antonio Méndez, recibiron a “Insigna de Honra” da Asociación de Restaurantes Galegos “Lareira”, que en edicións precedentes concedéronselle a Manuel Fraga Iribarne, Aurelio Miras ou Xesús Pérez Varela entre outros.

O acto, que tivo lugar no Hotel Restaurante Gallego, enmárcase dentro da xuntanza que a Asociación Lareira está a celebrar na Denominación de Orixe Monterrei e que acolle a restauradores de toda España. O motivo deste encontro é a sinatura dun convenio de colaboración polo cal os seus membros se comprometen a incorporar os viños de Monterrei ás cartas dos seus restaurantes.
Antes do xantar, no que tamén estiveron os alcaldes de Verín, Oimbra, Cualebro e Riós, o conselleiro do Medio Rural agradeceu a especial distinción e salientou a favorable coincidencia deste acto co achegamento entre Lareira e a DO Monterrei para sumar esforzos na promoción e comercialización dos seus excelentes viños a través da prestixiosa rede de restaurantes galegos que representa este colectivo.

O remate do menú, con produtos do val de Monterrei, deseñado por Luis Blanco, presidentes da Asociación de Restaurantes Gallegos Lareira, distribuíuse o novo material corporativo da Asociación, así como as metopas os novos asociados.