A Consellería de Cultura e Turismo vén de estender o programa Bono Iacobus ao Camiño Inglés, desde A Coruña a Compostela, e Primitivo, desde A Fonsagrada á capital galega. A incorporación destes dous itinerarios completa o proxecto de cubrir as sete principais vías xacobeas con este produto turístico. As rutas que xa se cubrían anteriormente son os camiños Francés, Sudeste, Portugués, Norte e Fisterra-Muxía.
Coa incorporación destes dous tramos, son un total de corenta os establecementos rurais galegos asociados a este produto turístico que xa xerou dende a súa posta en marcha unha cifra de negocio próxima aos 500.000 euros (8.033 pernoitas).